Feito no 2018

Saída
Data
Comentario
Participantes
158
Sistelo - Lordelo - Porto Covo. Sistelo V.
13 / 01 2018
A proposta de Sistelo non resultou atractiva para os Calcorreiros. Pouca xente pero moi afoute, seica magníficos, seica de elite, para unha pateada de cine. A ruta dos chirimbolos. Unha señora ancián vaca de vinte e seis anos que aínda levaba o carro, ou iso dicía a dona. Topamos coa neve, choveunos, cruzamos moitos rios. Foi relativamente dura e moi técnica. Brandas do Rodrigo, Lamelas, Barugán e Río Covo. Cea en Monção e remate en Puxeiros.
7
159
Parada de Sil - Santa Cristina.
27 / 01 2018
19 calcorreiros, 6 novos. Porqué tantos novos? Misterio. Dúas calcorreiras viñeron de casualidade, atopadas nun bar. Aínda atopamos outro cando fomos cear. Foi durilla. Día estupendo, costas de primeira división, soutos, foxo do lobo, visita a Rabacallos, Santa Cristina, Castro da Cividade, miradoiros a esgalla, contamos o conto da sopa de pedra. Todo o día andamos por camiños saídos dun conto. Catro abandonos. Non rematamos a ruta prevista, menos un que si o fixo. Xantar mirando o Sil. Cañas en Parada. Cea en Ourense.
19
160
Cuntis III - Castro de Sevil. (Entroido)
10 / 02 2018
Ruta superferolítica. Máis xa non damos. Subimos Castro Sevil como foguetes. O Ramón púxonos diante tódalas costas que hai polos arredores de Cuntis. Incluímos na nosa tropa a xente do clube Xesteiras que nos axudaron e comprenderon as nosas eivas moitas e carencias todas. Non fixemos todo o previsto pero o cocido currámonolo. Precioso o Ulla. Unha retirada algo rocambolesca. Tamén tivemos outro calco que nos andou buscando todo o dia, outra vez. Visita aos xenerais de Santeles, experiencia moi interesante. Un guateque pola noite adiante que descubriu que temos unhas mulleres que bailando non se lle pon nada por diante, impresionante!. O domingo, festa e lecer, houbo unha negociación de moito meter co pazo de Santa Cruz que rematou sen acordo. Unha pequena volta baixo a chuvia antes de volver ao cocido. Ainda vimos (e miramos) algúns o desfile de comparsas de Cuntis.
24
161
Peneda - Ribeiro de Baixo - Pousinho II.
03 / 03 2018
Moita auga no mundo. A fervenza por tras da igrexa da Peneda botaba por fóra. O Río Leboreiro, máis que interesante. Aínda topamos neve na serra. Rematamos cunhas cañas na Peneda e cea en Monção mentres outros ían porfillar árbores a Cortella. Dous calcos viñéronnos visitar ao fin da ruta.
8
162
Esteiro, Muros. Pedra do Cadro.
17 / 03 2018
Pedra da Pía. A Pedra do Cadro. A Casa dos Xudeus. A Cruz da Vella. Aldea abandonada de Marselle, vistas sobre a Ría de Muros... Ao final, visita ao museo das carrilanas de Esteiro. Unha completa colección de elementos, mesmo unhas colmeas de pedra. Conversa coa señora Esther en Riomao. Ceamos en Vilaboa ao segundo intento.
22
163
Os Oscos (FSL. Pascua)
29 / 03 a 01 / 04 do 2018
Fixemos un feixe de pateadas. Topamos coa neve e a chuvia. No primeiro día unha parte en plan xabaril furando por baixo dos arbustos. Fichamos un par de cans. Comemos como abades. Unha calcorreira quedou entalada na neve cando volvía para casa e tivo algún problema, nada que non se resolvese. Visitas a museos e mosteiros. Houbo un que comprou unha funda amarela para o móbil por seis euros. Marcamos tendencia en materia de luvas. Tratáronnos coma príncipes en Vilanova. En Pesoz con algo máis de frío. 
7
164
Salinas de Ulló . Lago Castiñeiras. Vilaboa.
21 / 04 2018
Moita xentiña polos camiños. Subimos polo Cidral, descemos polo Maior. Unha pequena costa pareceu atragoárselle a un par de unidades. Volta de algúns históricos. Facía calor e o mundo estaba cheo de auga así que a humidade ambiente fíxonos suar. Paradiña na beira da lagoa de Castiñeiras, outros preferiron as cervexas do bar. Cañas ao final onde recibimos a visita doutro calcorreiro e remate nun furancho. Algúns aínda recuncaron en Puxeiros. 
38
165
Ponte Caldelas - Laxoso - Caritel.
05 / 05 2018
Había mercado en Pontecaldelas o que nos deu algún pequeno problema ao comezo. Facía calor e volveron os baños ao menú calcorreiro. As pozas do Calvelle espectaculares. Non menos o Verdugo. Miradouro da Castrelada. Moita poldra do noso señor. Visita a unha igrexa en Caritel onde seica se arranxan namorados. En calquera caso o camiño para chegar a ela dá para se namorar del. Cañas en Pontecaldelas. Fin de festa nun furancho ollando o mar de Vigo dende o alto.
12
166
Pontevedra - Figueirido - Arcade. (Día das Letras Galegas)
17 / 05 2018
Visitáronnos os Andaríns do Val do Lérez. Moitísima xente polos carreiros. Lecturas, contos, cantigas... Nin todos colaboraron pero os que o fixeron, chapeau!!. Gafos, Pedra Miranda... a Ría de Vigo aos nosos pés. Fin de festa en Arcade onde recibimos varias visitas. Puxémoslle nome aos Calconecos.
44
167
Cuntis IV - Mte Cabalar.
09 / 06 2018
Once calcos polos camiños de Cuntis nunha tirada de categoría ‘chegoulle ben’. Ritmo alto, costas moitas, horas sobre nove e media, chuvia pola tarde, conformaron unha pateada para lembrar. O tío Ramón case nos pilla unha depresión pero a danza recuperouno. Visita ao Monte Cabalar, espléndido. O Cádavo tampouco desta vez puido ser porque estaba cuberto pola néboa e o tempo facíanos falta. Precioso o treito final seguindo o Umia e mailo Gallo. Un tramo ademais moi entretido. Rematamos con pongo, baile e cea e o domingo varios de nós fixémonos parte do grupo de camiñantes de Ramón e fomos facer unha lindísima ruta polo Patelas.
11
168
Ferrol. Costa Ártabra. (Finde)
30 / 06 e 01 / 07 do 2018
Ferrolterra aos nosos pés, pastoreados por unha equipa fantabulástica. Da Malata a Covas onde nos agasallaron en Casa Rogelio como se fixeramos algo para merecelo, e de Doniños a San Filipe, lugar de cine para un remate de xornada. A chuvia andou aí, aí. O domingo eramos cinco menos. Algunha levou tamén unha deda de menos para casa. Aloxamento da maioría e ceas na Cochera (nunha delas, había dúas).
19
169
Mezio - Vilela de Lajes. Arcos de Valdevez
14 / 07 2018
Vintesete almiñas correndo tras do Hixínio polas contornas de Vilela. Tres baños, dous na ponte da Assoreira e outro ao final en Travanca. Cañas no Mezio, visita ao Soajo que andaba de festa, algúns xa quedaron por alí. Ao fin os que fomos quedando case non damos ceado paro acolléronnos en Alxén.
27
170
Praias Morrazo IV. Sta Marta - Nerga - Barra - Cabo Home - Donón - Facho VI. (Nocturna)
27 / 07 2018
Cea prepateada no Broullón. Vimos o eclipse de lúa pero non era vermello. Atopamos un bar aberto ás tres da mañá. Poallou o suficiente como para chegarmos mollados. Unha deu cos fociños no chan. Houbo que se incorporou tarde e quen se foi cedo. E quen se incorporou tarde e se foi cedo. Polo visto tamén houbo quen se presentou no lugar de saída un día tarde. Ataque de vertixe por onda o mundo se chama Cabo Home e a terra faise toxo. Malia pasarmos por unha manchea de praias non houbo baño. Cruzámonos con outro grupo de andaríns onde había algún coñecido.
15
171
Cuntis V. Cuntis - Cádavo.
18 / 08 2018
Algúns andaron fora do grupo case todo o día. Por fin, non era sen tempo, os Calcos puxemos os nosos pés na cima do Cádavo aínda que non foi fácil de todo.. Un sol do carajo e unhas costas do quince. Chegoulle ben á ruta. Baño no Umia. Cañas na Anllada.
15
172
Luintra - Biduedo - Santo Estevo de Ribas de Sil (VIII aniversario)
08 / 09 2018
Ía calor polas partes de Luintra. Fomos pola sombra cruzando fragas e camiños de conto de fadas. Caña en Santo Estevo. Unha billa salvounos a vida en Biduedo. Visita ao Castro de Litoria cunhas vistas fantabulosas. Cañas en Luintra e fin de festa do oitavo aniversario no chinés de Puxeiros. Aínda a cousa se estirou ao Gallardo.
13
173
Val do Pacín. Queguas. Entrimo
29 / 09 2018
Visitas ao Castro do Castelo, xantar onda capela de San Bieito, baño final no impresionante Pozo Caído. Vistas sobre o mundo do Xurés / Gêres. Todo baixo a dirección de Nacho. Remate en Bembrive degustando cachena e outras iguarías.
13
174
Arouca II. (Finde)
12 ao 14 / 10 do 2018
Título perdido e atingido na autoestrada. Visita ás Pedras parideiras, à cascata mais alta de Portugal e outros. Não há mais sopa de pedra no Merujal. Sábado guías locais com trilho á carta, um luxo. Aletria. Retiradas e quedas varias. Apitos de comboio. Banheiros. O Raio tem un gêmeo. Visitamos os Passadiços do Paiva e Leslie visitounos a nós. 
10
175
Figueirido - Castiñeiras
10 / 11 2018

Estrea de guía local. 11 Calc@s + “Beatriz” a 1ª hora. Regatos convertidos en ríos. Loucuras de Pepiño Meijón. Desfile por Pakistán. Félix alentellounos. Apañada de macrolepiotas tamaño xigante. Ruta moi fotográfica. Campionísimo Hixinio con 34 rutas seguidas !!! Remate de 3 “fundadores” dos inicios de Calcorreiros no Gallardo.
11
176
Carballiño
01 / 12 2018
Primeira vez que o guía chega tarde. Moitos visitantes do norte. Tomás, virtuoso do fouciño. Conxunto de Fortaleza e Ponte de Cavadoso e da Ponterriza superlativas. Dúas vacas sagradas perderon o cu do de diante. Ruta Tomás Carril ou das mazás. Polbos no Fuchela. Unha calco-rilla veu cargada de agasallos. 2 novos.
11
177
Betanzos
15 /12 2018
“Chicas Necho” sen calefacción. Mandeo sen barqueiro. Plátano nas augas de Bocelo. Ía tanta humidade que nacían tirabeques na rejaña do cu. Domingo peninsular. Case quedamos sen guía pola cantidade de xente coñecida que atopaba. Visita ó mercado e á feira. O Pasatempo só por fóra. E tiñamos que chegar a Betanzos para comer tortilla… e polbo, e carne ó caldeiro, etc. Consagrouse unha nova vaca sagrada.
15
178
Monte Pindo
31/12 2018 e 01/01 2019 (Fin de Ano)
Primeira saída de fin de ano con tempo primaveral. Mario (Black Spiderman) non estivo. Abrindo camiños durante 4 horas de subida. Cando atopámo-lo camiño, bicámolo. Padín gripou. Amagos de pájara diversos. Caídas múltiples e rascazos estilo guerra. Vistas marabillásticas ás 5 rías con illas incluídas. Remate como sambenitos. Cea farturenta con mantel e centro de mesa de Nadal nun apartamento de luxo. Subida ós cumios míticos do Olimpo Celta: A Moa e Penafiel con visita á Cova da Xoana. O Pindo está que dá pena. Primeiro día do ano con picnic de revoda nun merendeiro con vistas.
9

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.