Eu fun e tamén vou sendo
Fun auga
Somerxirme no líquido amniótico do refuxio da silente calma
No sinxelo de vivir sendo entre complexas batallas
Fun terra
Rendinme aos latexos que acolleron o meu centro
Enerxía que amamanta con sementes de abundancia
Agardo polo vento
E pola brisa fresca
Polas ás da aguia e tamén da bolboreta
Agardo polo lume
Que devora con fame xenerosa
Á impaciencia
Salo, maio 2019