Universo calcorreiro.

Contos além do Minho: Saída 116 de Calcorreiros

Universo calcorreiro.

"Calcorreio bosques ou montanhas sem que as imagens prevaleçam, resta a memoria. Caminhar é preciso" -dica portuguesa-.

Remata o ano 2015 i com esa especie de saudade tam estranha que rebola polo ar voltamos a Calcorreiros, tal que foramos estrelas que andiveramos a calcorrear por um universo escuro e parelelo a éste.

Eu bem sei que neste universo coma en calquer outro hai estrelas e hai astros i eu estaba com um buraco negro na testa, asomada a outra realidade non moito afastada, o bastante perto como para mexer no saco e asegurar bem a pegada no caminho que empede que um se machuque moito na queda.

Tal é que ja sumergidos nesta especie de vorágime cósmica por lembrar velhos olhares e afacernos os novos, lá fomos o día vinteiseis, um sábado de sol, algo grisalheiro. Moita gente para calcorrear pola trilha que nos levou de Venade a Porreiras e de Porreiras a Mazelos com regreso. Visto que o ingente de gente ía en aumento, e que o gentío que estábamos en Puxeiros se somaban outros moitos que ja aguardaban no punto de encontro, o negocio era cousa seria.

Bom, total, dirán algums- onde comen catro, tambem comen cinco- pois pódese dicir que si, máis non. Non sempre e as veces cabe pontualizar cando se fala, porque se non pontualizamos isto convertese nun simdeus que nin se entende o que hai nin se consegue chegar a onde se quer.

Certo é que as folhas de ruta ja non existem máis e que é bem melhor seguir o companheiro que vai diante de nós, así é que erra um, erramos todos e que quanto máis pasa o tempo máis doado é enganarse polo que se pensa que se sabe e non se sabe aínda bem.

Entre trancas e barrancas chegamos a Venade, un lugarcinho bem pequecho, aconchegado a carón do monte da Geisteira, no vizinho país de Portugal. Alí estaba a taberna do povo de Venade diante das nosas facianas de abraio logo de leer e releer varias veces os pontos daquela folha de ruta etérea que está pedurada daquela galaxia chamada taberna dos Calcorreiros.

Escoitamos o taberneiro no cruceiro do povo e botamos a calcorrear e calcorreamos tanto que as reviravoltas eran cada vez máis reviradas. Regatos a discorrer, pedras semeadas, caminhos entre as toxeiras e outros cheos de auga, de paus e de folhas secas que leva o vento. Os sons eran um arrebumbío dos ventos, das augas mestas e da natureza no estado puro e non faltaban as voces, um verdadeiro universo de voces e de gargalhadas que da para perceber en qualquer lugar, linguas prontas a continuar latricando e latricando ata o infinito e máis aló dil.

Vimos moinhos, eiras, petos de animas, cruceiros, espigueiros, chaves sin dono, bosques, miradouros, capelas, igrexas,… e tamén houbo quem viu as estrelas nas quedas e sentiu as dores que noutraora serán lembradas como aquel tempo feliz.

O melhor de todo aquilo, o melhor mesmo, foi a esenza da viaje, a escasa presenza da pía dos quatro bispos, a eira de Porreiras e o miradouro da Nossa Senhora da Pena cóa súa igrexa. Tamén nos saíron o paso os moinhos do Luís, do cebolo, do brieiro… e o gando do lugar. Na parroquia de Mazelos hobemos de subir uma restra de escadas para divisar dende o miradouro da Nossa Senhora a paisaxe que conforma o río Coura e os povos do seu arredor.

O almorço non demorou moito e houbo vinho, licor de café, bolachas i non sei quantas lambetadas máis. O que si demorou foi o fin de festa na Casa Gallardo com conversas anodinas. Moito é o que fica no caminho, máis o importante mesmo é ó que cada quem leva, trae, aponta e dispara. Por isso: ¡¡¡BOM ANO NOVO UNIVERSO CALCORREIRO!!!

Compartilho com vós estes versos de B. Ramos dos que com raiva gosto:
"As veces fáltannos palabras e as veces sóbrannos. As veces fáltanos o tempo de dicilas e as veces pásanos o tempo de calalas. As veces precisamos o que temos e as veces desbotamos o alleo como se fora noso. As veces mentimos inxustamente e as veces facemos da lei unha verdade fedorenta. As veces temos boca para selar un segredo e as veces fáltanos oídos para aceptar a evidencia…" -Celanova 1971-

*Non é casualidade o título desta crónica, máis bem é a propósito así como o son as palavras mal ou bem empregadas e que calcorreiam a minha testa, pois nada do que escrevo aquí me é alheio.

Elsa. Decembro do 2015 Continuará… em 2016!!!


Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.