Calconec@s



Estes amiguiños que aquí vedes son os Calconecos, eis os seus nomes tamén. Eles acompáñannos neste camiño de soños que Calcorreiros é. Polas noites, logo do esforzo da pateada e as risas da cea, os Calcos de boa vontade, bos e xenerosos, é dicir, os Calcos todos, teñen soños felices e soñan cos Calconecos.

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.