Cántiga para Bea, Xosé e Alberto

CÁNTIGA  PARA BEA, XOSÉ E ALBERTO.
CINCO INTENTOS GARGAMALA, DICHES A LATA
NOS DOUS PRIMEIROS TEIMACHES AS DÚAS NENAS,
DA TERCEIRA, AO ALBERTO TEIMACHES AINDA MAIS.

DA CARTA NON TE ESCAPACHES GARGAMALA,
POR MOR DE BEA, A INESGOTABLE,
E TAMÉN DO XOSÉ,UN CALCO-MAN.
DESTA,CUN APARATIÑO CAPTURA O ROTEIRO,
AHÍ LEVA A COMPARSA DETRÁS.

ASÍ O DÍA DEZASETE FÓCHEDES QUEN DE CAMIÑAR,
EU NON AS TIÑA TODAS COMIGO,
O TEMPO O ÍA AMOLAR.
APARECEU UN DO LUGAR, NOVO MARAVILLÁSTICO,
QUE ATUROU COMA UN CHAVAL.

CUN FRIO LEVADEIRO BUSCAMOS Á INQUISICIÓN
BUF¡¡ , NON A DIMOS ATOUPADO,
MENOS MAL, AS COUSAS DO DEMO, DAN DESCOMPOSICIÓN.

NUN BIDUEIRAL DE ENSONO
O GALEGO E O PORTUGUES NOS NOSOS ADENTROS.
A POALLA DE PINGUEIRA, TESTEMUÑA DOS NOSOS VERSOS.

RUINAS DE MUIÑOS,
RUINAS DO FOXO DO LOBO,
RUINAS DAS MÁMOAS,
PETROGLIFOS SIN COIDAR.
XA ROMPIDO O PR, ¿ E QUE NON O QUEREN ?
CISMO..............., PÓDESE RECUPERAR.

NUN TRONO COMA REIS, DONOS DA NADA,
OS VERSOS DO TABERNEIRO POETA,
RESOAN APRENDIDOS EN IOLANDA
E, NUN CHISCAR DE OLLOS, ENFEITIZAN O LUGAR.

CUN MAL OITO CASI FEITO
OS CALCORREIROS GUSTAN DO PASEO,
O TEMPO PORTOUSE, MENOS MAL.

E PECHANDO O CÍRCULO POR BOENTE E BARRO
ACHEGÁMONOS A FONTE DOS TRES CANOS,
E, Á ANTIGA ESCOLA QUE RESTAURAN MANS PRIVADAS.
XA EN MOURELLE DAMOS CONTA DAS CAÑAS,
E O TABERNEIRO CELEBRA CONNOSCO
A SÚA CINCOENTA PATEADA.

TERE, Salceda 17 de Maio de 2013. 
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.