Corno de Bico

¡Oh, Corno de Bico! refuxio dos camiñantes,
flor das flores o sur do Miño,
natura renacente de alma pura e solidaria,
ofrenda de paixón viva, rexión serrana,
lugar onde a señora do corno bica o ceo
facendo aloumiños no ar da agreste paisaxe .

Pelegrinamos polas túas corredoiras unha e mil veces,
i cada vez serán doutro xeito os nosos andares.
Aqueles toscos e vixiados pasos noutrora ofrecidos,
hoxe son pisadas firmes, sentidas e arraigadas a terra.

Naceran silandeiros murmuios nos corazóns calcorreiros,
regresando agora sobre as nosas pegadas doutro tempo,
cada quen cóas súas idas e vidas,
procurando o seu propio sendeiro de amor e fe,
entregado a suor e a pel en cada recuncho das túas fragas
cóa sinxeleza de saber que moitas choivas viran sobre nós.

Elsa. Febreiro do 2014

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.