Letras galegas 2012

Dezasete meses e dezasete dias é o tempo da mestura,
xente dá con xente e na operación coido que non hai restos.

Sábado día de nos, coma o domingo é o do Señor.

Cadaquen no seu lugar do crebacabezas,
ao ritmo da comparsa arrinca a troula.

Polos carreiros, máis Lusitanos que Galegos semellamos,
¿transfronteirizos ou tránsfugas?..... a culpa é do noso Taberneiro

Manobramos tralo GPS coma si fose un meigallo,
non é de fiar, ten mala pipa, pon os de diante, atrás.

Sombra, abafe, tronos, folerpas, choiva e vento,
buscavidas nas fontes e leiras, abonda para todos os lambereteiros.

Paga-la pena escorregar, tirarse ao rio, escangallarse e facer babecadas,
a santidade chega coas benditas canas.

Sin atoupar a rima do noso ritmo, acabouse.

Tere Salceda. Maio do 2012
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.