O meu camiñar
O meu xeito de camiñar
asemellase a un pensamento,
decotío a devagar
lixeiriño coma o vento.
Semeando gallardía,
aflición, sentimento...
ergome cada día
ben afoute de contento.
Xa sexa a beira dun río,
moitos quilómetros mar adentro,
sempre procuro imaxinar
o descorrer do meu sendeiro.
Non preciso de desertos,
tan só dun bo compañeiro,
coido que así farei o camiño
soñando que sigo esperto.
È ¿Porqué deixar de soñar?
Se os soños son perfectos.
Tan perfectos son os soños
coma o soñador que os leva dentro.
Quixera adicar este poema a persoa de Zalo de Paramos que me acolleu dentro do que era o proxecto piloto "CALCORREIR@S" cando en xaneiro do 2011 surxin entre a nada. Tiven ocasión de compartir varias rutas con él e coido que calquer cousa que poida dicir non será suficiente para agradecer a súa labor así coma as ensinanzas que tentei aprender e que tiven ocasión de poñer en práctica noutros lugares da nosa basta xeografía. Alabo a súa paciencia, así como o saber estar en toda circunstancia e lugar (baixo o meu modesto punto de vista).
Elsa. Maio do 2014