SOBRE NÓS

Benvid@s a Calcorreir@s!!

O 12 de Setembro de 2010 botamos a andar. E aquí seguimos, dende entón non paramos. Temos percorrido moitos camiños e moitos nos quedan por percorrer. A nosa mochila está chea de ilusións e as nosas botas famentas de camiños.
Convidámoste a acompañarnos, para iso non tes máis que estar no lugar e hora de saída. Con todo, será bo que botes antes unha ollada polas nosas páxinas. Particularmente ao apartado Como o facemos.

Calcorreirr@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.