Senderismo

Hoxe non vamos falar de roteiros, de paisaxes, de ríos, de miradores … quero falar de persoas, quero falar de xenerosidade.

Ala polos anos 80 comencei a camiñar polos montes gracias a que alguen me convidou a facer un “Camino del Arcediano”, ruta longa (21 km), con desnivel pronunciado e con dificultade tecnica para unha “unha urbanita” coma min que nunca había pisado o monte. Eran un grupo de amigos asturianos, montañeiros de toda a vida, e a persona que me convidou era o meu xefe (si o meu xefe do traballo) o que lle gustaba facer “familia” cos seus empregados.

Din rematada a ruta, grazas en parte a que levaron outros o avituallamento, a que os fortes axudaban os debiles, a que eramos un grupo. Inda que pasei quince dias fodidos con dor por todas as partes do meu corpo, incapaz de subir e baixar escaleiras, a experiencia gustoume tanto que non deixei de patear nunca mais…. dependendo do tempo libre que tivera, por suposto.

Gracias a esa xente conozco: Picos de Europa, Somiedo, Muniellos, Redes, Oscos, Babia, Trevinca, Xures, Ancares, Courel….

Entroume o gusanillo con eles, e para poder andar “agrupada” fixeme socia da Asociacion de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo é gracias a eles por unha módica cantidade (antes 15 euros e actualmente 18 euros) teño bus, comida, coche de apoyo, etc… pero quedabame pequena, os Camiños de Santiago, xa os fixera e as rutas eran de poucos km… Eu queria coñecer mais, nesto as redes sociais apareceron e con elas grupos de amigos que se xuntaban para camiñar… un propoñia unha ruta e outros apuntabanse. Comencei con Sindo, como moitos outros, pero a segunda ruta vin cousas (intereses) que non me gustaron e decidin que non queria entrar nesa guerra….

E nestas aparece o Camiño dos Faros, o maior xesto de xenerosidade senderista que eu vin nesta historia senderista que vos estou a contar, uns amigos que se propoñen descubrir un camiño que a eles lles parecia que podia ser espectacular, fanno, e lonxe de gardalo nas suas retinas, preparano (desbroce, señalización, track, paxina web….) para que o demais o disfrutemos como nos dea a gana: solos, en parella, en grupo, con eles… e cando nos dea a gana. A xente que fixo os Faros, sabe do que estou a falar. Ese xesto fixome reflexionar moito, porque disfrutar ti solo de cousas cando e moito mais satisfactorio disfrutalo cos demais.

Seguimos falando de xenerosidade: Asociacións de Veciños ou de Montes, que preparan e manteñen camiños para que nos disfrutemos deles, agora me ven en mente: Ribeira Sacra do Miño, Rua da Liberdade, Quinta e Rio Donsal….

Xenerosos tamén son os que graban rutas en aplicación informaticas para que os demais , de forma gratuita, podamos coller esa información.

Tamén os que nas redes sociais comparten información de organización de rutas (sexan publicas ou privadas, con coste ou sin él) para que os demais nos enteremos.

Cos faros moita xente viu que camiñar, aparte de sano, era unha proposta de ocio asequible e unha forma de relacionarse estupenda e formaronse moitos grupos novos e os que xa estaban creceron en membros.

Co boom de practicantes e a “disculpa” de que habia que “poñerse serios” por mor de seguros e demais, algunhas personas viron algo mais que xenerosidade e alguns aproveitanse dos “novatos” de maneira descarada e a min eso cabreame e cando teño algunha ocasión boto a lingua a pacer.

Pido perdon cando me poño seria neste tema, este parrafada que solto hoxe e unha disculpa publica… pero é que non me podo calar!!!!

Remato.

Falando de xenerosidade non podo olvidar a  Calcorreiros, recordo que foi gracias a Xose Rios e a Lupe como souben deles. O primeiro dia que fun a unha ruta collin medo, pensei que non iba a estar a altura, mais solo foron os 10 primeiros minutos… vin que a cousa non era para tanto. Gracias a eles descubrin a Peneda, o Barbanza e terras de Pontevedra que eran totalmente descoñecidas para min. Pena que eu son de Lugo e Puxeiros quedame a desman….

Gustame ir con vos porque o cariño que pon o guia para amosarnos os carreiros, as congostras, os miradores…. sintese, notase, palpase en cada pegada que damos… eso é moi dificil nos tempo que corren de atopar.

Gracias a todos os Calcorreiros por ser como sodes “bos e xenerosos”.

Gracias os que viñeron a Cuntis, a terra dos antepasados de Ramón, terra que descubrimos xuntos e quixemos compartila….

Dores Guerrero. Febreiro do 2016 
Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.