Todo por un sorriso

Todo por un sorriso.

Condensar o vivido esta fin de semana podería ser resumido nunha palabra SONRISO, na cara da felicidade e satisfación dos calcorreiros a fin do percorrido do domingo.

Zalo e Helena son dificiles de sorprender e eu creo que o obxectivo que me propuxen o artellar este fin de semana conseguino.

O Venres chegamos cada un pola sua conta e andivemos desparramados entre os Apartamentos Luna de Vilar en Vilarpescozo e Casa Horacio no Chao do Pousadoiro (ambos sitios na Ribeira de Piquin)

SABADO

Ruta Marronda – Alto Eo (coa variante da pista da Marronda para visitar a Fervenza)

Comenzamos a patear 14 calcorreiros deixando a nosa Helena na Area Recreativa da Cortevella facendolle compañía a San Francisco de Asis por mor dunha lesión na perna, pena de que o ascensor non funcionara (nunca o fixo porque ata alí nunca levaron corrente electrica)

Como somos rebeldes facemos a ruta de forma distinta comenzando o noso camiñar na Area Recreativa da Cortevella e non na aldea de Sampaio como marcan os libros… e tamén o noso sentido da marcha vai ser o revés…. Cortevella – Sampaio polo monte e despois Sampaio – Cortevella polo río.

A ruta comenzaba cunha subidiña para quentar as pernas e cunha vista espectacular tanto o meandro do rio Eo na nosa esquerda coma da aldea de Martín a nosa dereita… cando chegamos o final da costa, na aldea de Mendreiras atopamos os compañeiros falando cun veciño sobre mel….

Nesta aldea e o pé dun hórreo cuadrado tipico da zona oriental de Galicia fixemos a nosa primeira foto de grupo. Despois dun tempo pateando por unha pista de terra deixamos as marcas do PRG145 para acercarnos un pouco a Fraga da Marronda ata chegar o desvío que nos iba a conducir a Fervenza do mesmo nome e que iba a quentar os ollos para o que iba vir o domingo…. A Ferverza da Marronda situada no rego de Souto (ou Couto en algunhas fontes) discorre polo fondo da fraga da Marronda.

Despois de sair deste espacio de gran beleza e repoñer auga na fonte rehabilitada no ano 1996 eu chamolle a “piscina” collimos a pista que nos iba a enlazar de novo co camiño “oficial” no cumio da ruta (Pena da Raia, según os mapas, Pena da Palla según os veciños) de aproximadamente 935 m de altura, despois de pasar pola Cruz da Nena (lugar da serra onde os lobos comeron a unha nena da Braña cando estaba cas ovellas. Nese sitio había unha cruz que foi desfeita polo ano sesenta no século XX)

Comenzamos a baixar e o unico que nos chama a atención é un enorme prado verde cunhas vistas impresionantes os montes de Fonsagrada e a un monte que según os nosos mapas podese chamar Monte da Cruz. Despois todo son pistas de terra entre pinares sin gran interes ata chegar a aldea de Sampaio donde ademais de coller auga sumouse a nosa andaina un novo calcorreiro chamado Rex.

Despois das indicacions dun veciño da aldea para que foramos polo carreiro correcto acercamonos ata o discurrir do rio Eo, pasando antes pola Poza da Ferrería (no rego de Arendal, afluente do Eo) donde alí fixemos unha foto de grupo.

Durante o recorrido o río Eo acompañounos en todo momento e pasamos por pontes e pontellos e pola aldea de Cabreira, subimos e baixamos e apuramos os nosos pasos para chegar con día ata o noso inicio fin da Cortevella.

Según todos os integrantes do grupo esta parte do recorrido o bosque e fermosisimo.

Durante o día fomos artellando una festa celebración exaltación da castaña nos apartamentos onde estabamos aloxados. Festa que rematou cun licor café de Chantada.



DOMINGO

Esta ruta foi preparada con moito cariño pola miña parte para os Calcos e atopeime moi nerviosa por si non alcanzaba as expectativas dos camiñantes. A ruta consistía en recorrer o Rego do Souto (ou Couto) dende a aldea de Real (Rial nalguns mapas) ata casi o seu nacemento na pista da Marronda. Nalgun tempo por ahí había camiños, algo claros ata algunhas edificacions e non tan claros río arriba…. Pero todo eso foi noutro tempo.

O obxetivo que me propuxe era visitar a Fraga da Marronda dende o seu corazón e que a xente que o fixera quedara prendada do que realmente era un bosque autóctono impenetrable… que o finalizar realmente poidera decir: “eu estiven na Marronda”

Despois de artellar o dos coches ali deixeinos no comenzo de ruta mentras fun buscar o libro da Marronda para agasallar os intrepidos que confiaron en min.

Non cansaba de dar voltas da pista para a fervenza, da fervenza para a pista… despois de casi duas horas de espera aparecen os primeiros e solo verlles o sonriso souben que todo habia saido como eu o habia imaxinado…..

O sonriso vale mais que mil palabras…..despois viñeron as gracias, as apertas y as cronicas da pateada… pero eso e outra historia que seguro que vos contaran eles.

Para min o seu sonriso encheume todo o corazón….

Despois visita a Fonteo (nacemento do Rio Eo), cervexas no Cadavo e papeo no Cantabrio (A Fonsagrada)….cocido non podia falta (butelo incluido).

Co bandullo cheo, alguns decidimos visitar a Fervenza de Vilagocende para rematar o espectacularmente o fin de semana.

Agradecementos: a Pili e Berta de Apartamentos Luna de Vilar por todo o que fixeron por nos para que o noso magosto fora perfecto (inesquencible o detallazo que tiveron con Alejandro); non sei si a Peman, os dous dias que tivemos de bon tempo; a todos os que camiñamos, comemos e rimos xuntos pola vosa compañia. Vemonos polos camiños

…esquenciaseme tamén agradezo ó guia do domingo pola axuda e por facer que todo fora perfecto.

Dores Guerrero. Novembro do 2015

Aviso: Calcorreir@s non é máis que un grupo de amigos unidos pola afección aos camiños. Non é unha asociación. Non hai ningún seguro e cadaquén asume a súa propia responsabilidade sobre a súa seguridade.
Procúrase informar sobre as dificultades das rutas pero estas sempre están expostas a imponderábeis. Por iso recomendamos que aqueles que participen nas actividades que propoñemos se federe ou dispoña dalgún seguro.